Saturday 04 de May de 2024

Lote de medallas para o Atlética A Silva-Ordes


 

María Pena Ferreiro (S18) e Daniel Loureiro Mosquera (S16) do Club Atlética A Silva-Ordes proclamáronse campións galegos de lanzamento de xavelina coas súas mellores marcas persoais, 45’19 e 44’05 metros respectivamente. No caso de María Pena posicionouse incluso por diante da actual campiona de España, mentres que Daniel Loureiro xa ten na man a oportunidade de formar parte da Federación Galega de Atletismo no próximo Campionato de España por Federacións Autonómicas o próximo mes de xuño en Madrid.

Hai que sinalar tamén as dúas pratas obtidas por María Aguiar Mosquera en altura, superando tamén a súa marca persoal en 1’53 metros. No caso de Arantxa Ferreiro Figueira o su lanzamento de xavelina chegou aos 28,78 metros.

No Xogade Campionato Provincial S14, disputado este domingo, Nacho Sposito conseguiu a prata no lanzamento de peso. Candela Iglesias Santos en disco e Antía Rey Raña en 220 vallas conseguiron os ouros. Ademais esta última tamén obtivo unha prata en 80 vallas. Os bronces foron para Noa Rey Bravo en lonxitude, Nadia González en 1.000 obstáculos y Xulia Parcero Boo en triple salto.
No relevo 4×80 proclamáronse campionas provinciais Xulia Parcero, Antía Rey, Noa Rey y Nadia González. Por último Antón Raña Villaverde conseguiu o bronce en combinadas.